Buscar
18:25h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

1º División Masculina: Culleredo, sede para a Fase Final A4

Culleredo, sede para a Fase Final A4

Nesta rolda decisiva veranse as caras o propio anfitrión, C.B. Culleredo (3º clasificado da liga regular), Bosco Salesianos (2º clasificado), Baloncesto Cambre (4º clasificado) e Syngenta Seis do Nadal (5º clasificado).

Os catro equipos buscarán a segunda praza de ascenso a Liga EBA que outorga esta competición,correspondendo a primeira delas, xa matemáticamente, grazas a 11 dominadoras vitorias e tan só 3 derrotas na liga) a VGO Basket, Campión 2015 – 2016.

O calendario oficial para esta Fase Final A4, con horas concretas, énfrontará aos catro aspirantes noPavillón O Burgo baixo o seguinte plan: 

Semifinal 1 (10:30 h)

C.B. Culleredo - Baloncesto Cambre  

Semifinal 2 (12:30 h)

Bosco Salesianos - Syngenta Seis do Nadal

Final (18:30 h)

Gañador 1 – Gañador 2